Fene indiano

Fene indiano
08 de Xuño, 2023 - 03:59 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas persoas de Fene, Mugardos e do resto da comarca emigraron a América. A chamada emigración transatlántica, que comezou a partir do último terzo do século XIX, afectou a centos de miles de galegos. Marcharan da casa con destino a países de América, sobre todo a Cuba e Arxentina. Divina Arnoso, que é profesora de Xeografía e Historia en Ferrol, ten estudado o fenómeno e falou del na Fenestra de Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/080623ARNOSO.mp3

Fotografia: Interior do cine Adriano de Barallobre

A profesora Arnoso colaborou no proxecto “O legado indiano de Fene”, impulsado polo colexio Os Casais de Maniños, que vén de ser premiado polas Anpas galegas. “Eu son profesora de Secundaria e propuxéronme dar unha clase sobre a casa da maleta e introducir o tema da emigración a nenos de primaria”, explicou. “Para min foi un regalo, un carameliño, unha experiencia moi boa, encantoume”, asegura a docente afeita a dar formación a alumnos de maior idade e que destacou a pegada que deixaron os indianos, tanto na arquitectura como na creación de escolas. .

Sociedade

Publica o teu comentario agora