IN FENE pola paz

IN FENE pola paz

29 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Crear un videoclip pola paz e xogos cooperativos centrados no mesmo tema, son algunhas das propostas da nova sesión do programa In Fene. A nova sesión de "In Fene" céntrase mañá no Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Celebraráse mañá venres no local da AVV de Perlío, a partir das 16,30 horas

 Coincidindo coa conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, a xornada estará centrada en fomentar actitudes non violentas e de respecto nas relacións.
Para iso, o Concello de Fene invita a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos a participar e axudar a crear o videoclip pola paz, compoñendo algunha canción centrada neses valores ou ben, a partir dalgunha existente. A sesión tamén incluirá a celebración de xogos cooperativos como o ping pong ou outros de mesa e, por último, a selección do logo do programa In Fene. Para iso, os asistentes terán que votar pola súa imaxe favorita entre as realizadas na sesión anterior. A elixida incluiráse no próximo carnet do programa que se lles entregará en próximas datas aos participantes.

Sociedade