Fene sen auga desde esta mañá

Fene sen auga desde esta mañá

10 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha rotura na conducción xeral provocou a interrupción do suministro de auga a San Valentín e boa parte de Fene desde as once desta mañá. Técnicos de Viaqua traballan na reparación da avería e calculan que a media tarde se poida restablecer o servizo.

O corte na traida de auga afecta á totalidade de San Valentín e boa parte de Fene.

 

Sociedade