Fernández: O BNG aprendeu que non tiña razón.

Fernández: O BNG aprendeu que non tiña razón.

23 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na consulta electoral do domingo, AGE partía de cero e acadou 9 deputados no Parlamento Galego. A candidata nº 5 pola Coruña, que quedou ás portas de entrar no Pazo do Horreo, non agardaba este resultado cando empezaron a aventura electoral hai uns meses. Avanzada a campaña sí detectaron que a sua mensaxe conectaba coa xente. Mónica Fernández declarou a Radio Feneque a unión das forzas que compoñen Alternativa Galega seguir&aacu

Diante das frases pronunciadas polo candidato do BNG na noite electoral, unha elegante Mónica Fernandez, achácouno ao nerviosismo de Francisco Jorquera nese momento. "Os resultados das urnas demostraron que o Bloque non tiña razón", afirmou Mónica Fernandez.
Sen extrapolar os resultados ás próximas municipais, a candidata de AGE dixo sentirse moi orgullosa dos resultados acadados en Fene que os colocaron como segunda forza. Aínda que eses datos non se poden extrapolar a uns comicios locais, coidarán de "non defraudar" aos veciños e veciñas que os apoiaron para que volvan facelo do 2015.

Sobre a idade de Xosé Manuel Beiras, tapou bocas Mónica fernandez, ao afirmar que "quen lles dera a moitos de 50 ese espíritu xuvenil que desprende" referíndose ao líder indiscutible de AGE.  

Sociedade