Fernando Alvarez quere un proxecto deportivo ilusionante

Fernando Alvarez quere un proxecto deportivo ilusionante

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Quero un proxecto deportivo ilusionante, afirma Fernando Alvarez, adestrador do Perlío na pasada tempada en Segunda Autonómica. O técnico mantivo esta semana un contacto co Somozas B, equipo interesado en que dirixira as súas filas. Non chegaron polo momento a un acordo, pero os das Somozas quedaron en chamalo de novo esta semana.

Fernando Alvarez non ten polo momento compromiso con ningún equipo. O Perlío celebrará asamblea o vindeiro domingo e a xunta directiva que saia elexida buscará o adestrador para o conxunto da Segunda Autonómica. Alvarez afirma que estaba contento no Perlío e que se lle presentan un proxecto ilusionante aceptaría sen problemas a oferta. Fernando quere un equipo onde os xogadores estén implicados e onde se lle de oportunidades aos xuveniles. Configurar un grupo con proxección e con posibilidades, é a súa principal preocupación, segundo afirmou a Radiofusión.

Deportes