Fernando Blanco, ex conselleiro de Industria: “O decreto e o concurso eólico están aínda vixentes”

Fernando Blanco, ex conselleiro de Industria: “O decreto e o concurso eólico están aínda vixentes”

02 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As aspas do modelo eólico deseñado polo goberno bipartito quedaron sen aire. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aceptou o recurso dunha das empresas que ficara fóra do reparto dos megavatios de produción de enerxía eólica sacados a concurso público pola Consellaría de Industria que rexía o BNG. O seu responsable, Fernando Blanco, lembrou que o auto xudicial establece unha “supensión cautelar provisional e non unha anulaci&oac

O TSXG aínda non decidíu se o reparto eólico é legal ou non. “Iso decidirao unha sentenza máis adiante, e afortunadamente non o decide o Partido Popular”, explicou Blanco, quen coida que a Xunta está a inhibirse na defensa do concurso eólico por unha cuestión política, co desexo de amparar a súa propia actuación. Ao respecto do novo reparto que paralelamente promove a nova Administración autonómica, o ex titular de Industria considera que “non se pode abrir un concurso no mesmo territorio no que xa hai un reparto feito”.

 

O Grupo Muíños de Vento Galegos, comandado polo construtor coruñés Xosé Lorenzo Cotelo e que inclúe unha decena de sociedades, está tras a demanda aceptada polo Alto Tribunal galego. A reclamación dunha desas sociedades integrantes, Muvenga Madomas, cualificaba o decreto eólico e a orde que o desenvolveu como contrarias a dereito e pedía a suspensión cautelar do proceso. O auto xudicial acepta a demanda e suspende a execución do reparto eólico porque, no caso de ficar anulado nun futuro próximo, entre mentres xeraríanse danos e prexuízos “difíciles de reparar”. Agora corresponderalle a tres maxistrados da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinar se o reparto da enerxía eólica tal e como o pensou o bipartito resulta ilegal.

Institucional