ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os xornalistas, Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño veñen de presentar un libro no que se recollen entrevistas realizadas no marco do suplemento “Nordesía” do Diario de Ferrol. Titúlase “Ferroláns de seu” e nel aparecen retratados, dende Xosé Luis Torrado O Bruxo, ata Paula Vázquez. A recadación das vendas do volumen irán parar integramente ao colectivo Lazos, grazas á colaboración d
Os dous xornalistas, falaron esta mañá en RF da xénese do volume e dos 43 persoeiros escollidos entre 100, que nel aparecen, desde Xosé Luis Torrado O Bruxo, ata Paula Vázquez, Siro ou Guillermo Llorca.José Gómez declara que o único requisito esixido aos entrevistados era que fosen ferroláns e a sua biografía tivese interés, como é o caso por exemplo de Emiliano Aguirre, luminoso promotor do proxecto de Atapuerca. Nicolás Vidal pón de exemplo a outro ferrolán, Francisco Porrúa que foi o editor de García Márquez ou Julio Cortazar.
“Ferroláns de seu”, que xa está á venda nas librerías, inclúe as caricaturas feitas orixinalmente polo debuxante Juan Veiga e se acompaña dun prólogo do director de Diario de Ferrol, Carlos Miragaya.