Ferrol acolle a I Xornada da Industria de Defensa Naval Británica

Ferrol acolle a I Xornada da Industria de Defensa Naval Británica

28 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha misión comercial composta por 17 empresas británicas ligadas ao sector naval viaxará a Ferrol a próxima semana co fin de subscribir contratos comerciais coa industria militar de Ferrol, na primeira Xornada da Industria de Defensa Naval Británica. A Axencia gobernamental británica "UK Trade & Investment" (UKTI) organiza este primeiro encontro da Industria da Defensa Naval británica en España, que inclúe unha exhibici&oacu

O evento, que se desenvolverá en FIMO, en xornada contínua o 7 de outubro,  desde as 10 até as 17 horas, está dirixido a profesionais do sector: Armada española, Navantia e empresas na súa cadea de subministración, e industrias do sector naval galego.
 
Fernando Pons, agregado comercial da Embaixada británica para o sector de defensa, afirma que o intercambio comercial entre ambos os países é moi intenso tamén neste sector, pero hai que reforzar a política de alianzas estratéxicas para facer fronte a unha conxuntura internacional negativa.
España aspira a ser un competidor de referencia no mercado global da defensa naval, e nesta Xornada queren amosar o nivel de experiencia e innovación tecnolóxica das empresas británicas do sector.
 
Entre as empresas que exhibirán a súa tecnoloxía en Ferrol atópanse algunhas dos principais provedores da Royal Navy, como son BAE Systems, QinetiQ e Babcock International. O perfil xeral dos expositores é o dun fabricante de alto nivel tecnolóxico, na cadea de subministración dos grandes estaleiros militares. Entre as 17 firmas que asisten á Xornada hai unha mestura de grandes empresas e pemes. O Reino Unido é o segundo exportador mundial [de defensa] tras os Estados Unidos. Unha porcentaxe significativa da facturación xérana as 9.000 pequenas e medianas empresas do sector.
 
Ferrol é sede do principal estaleiro de Navantia, o constructor naval público español, e goza dunha longuísima tradición de servizo á Armada española, así como ás Mariñas doutros países. Tamén conta cunha solvente industria auxiliar, capaz de contribuír ao incremento de relacións comerciais entre empresas de ambos os países.  

Sociedade