Ferrol acolle o VIII Campus Chikibasquet 2013

Ferrol acolle o VIII Campus Chikibasquet 2013

04 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O Concello de Ferrol patrocina o VIII Campus de baloncesto " Chikibasquet 2013" dirixido a nenos e nenas entre 5 e 18 anos. Celebrarase do 17 ao 22 de xuño no polideportivo municipal de Esteiro. A concelleira de Deportes, Martínez Galdós, manifestou a disposición do Goberno Municipal de Ferrol de  “manter a colaboración con este tipo de iniciativas centradas no deporte base, co que  estamos plenamente identificados”. A concelleira de Depo

A actividade está dirixida para nenos e nenas entre 5 e 18 anos e nesta nova edición, igual que nas anteriores, Chiqui Barros será o adestrador superior. O director técnico do campus conta cunha gran experiencia en equipos tanto femininos como masculinos e estará acompañado doutros adestradores e xogadores de distintas categorías. “Os obxectivos serán aprender a xogar e mellorar as habilidades do baloncesto así como fomentar a educación, a comunicación e a colaboración dos nenos a través deste deporte” , sinalou a edil ferrolá. Ademais, de xeito paralelo ás sesións de baloncesto, desenvolveranse outras actividades, concursos e sorteos de agasallos entre os participantes. Por último, Susana Martínez encomiou este tipo de iniciativas de deporte de base “co que estamos plenamente identificados” e felicitou aos responsables deste campus “polos bos resultados de anteriores edicións”.

Pola súa parte, Chiqui Barros sinalou que a principal novidade desta edición “é poder realizar o campus no polideportivo de Esteiro xa que nos da a posibilidade de facer máis cousas”. Ao fío disto, o adestrador agradeceu á Concellería de Deportes a posibilidade deste novo emprazamento. Entre os monitores e xogadores convidados que teñen xa confirmada a súa asistencia ao campus están: Héctor Piñeiro, Sandra Prieto, Jorge Varela, Carlos Vila, Alberto Rodríguez, Fernando Buendía, Mercedes Bullo e o adestrador do Obradoiro en ACB, Ramón Fernández. O campus desenvolverase en horario de tarde, de 16.30 a 20.00 horas, agás o día da clausura -sábado 22- que será de 10.30 a 13.00 horas. A cota de inscrición mantense en 40 euros e o prazo finaliza o 15 de xuño.

Sociedade