Ferrol acolle por primeira vez o Campionato Galego de Cociñeiros

Ferrol acolle por primeira vez o Campionato Galego de Cociñeiros

08 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Durante toda a xornada celébrase en Ferrol o XI Campionato Galego de cociñeiros, no que é a proba clasificatoria para o  certame Bocuse D´Or, a nivel do Estado, e daí ao Campionato Mundial que o ano que ven se celebrará en Francia. Por primeira vez nos 11 anos de historia, as probas celebranse en Ferrol, no Restaurante Illas Gabeiras, e nelas participan oito cociñeiros, dous deles locais, Paula Freire e Daniel López, que se formaron no 

O organizador do Campionato Galego é o xornalista e gastrónomo, Guillermo Campos, con quen departimos esta mañán sobre o funcionamento do campionato e sobre as instalacións nas que se realiza este ano. Maravillas falou do Illas Gabeiras onde se celebra. O rodaballo e o porco celta son os productos cos que traballan hoxe os candidatose candidatas, cada un á sua maneira pero partindo da mesma calidade na materia prima.

O gastrónomo destaca do campionato, o que contribuíu a revolucionar o mundo da nosa cociña. O concelleiro de Turismo, Ramón Veloso, deulle a  benvida ao xurado ao mediodía e, ás 19 horas asistirá á clausura no Restaurante Illas Gabeiras.

Sociedade