Ferrol celebra o Carnaval máis “corrupto” da historia

Ferrol celebra o Carnaval máis “corrupto” da historia

16 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un total de nove comparsas participarán mañá martes no desfile e a Gran Gala de Entroido do Concello de Ferrol. Os nomes dos grupos que se darán cita neste tradicional festexo son os seguintes: “A Revolta” (Ferrol); “West Saloon” (Ferrol); “Piratas de Penencia” (Ferrol); “Os Colludos” (Narón); “Os Argalleiros” (Narón); “Os Trastos” (Valdoviño); “A Canteira” (Neda); &ldquo

As actividades para o martes de Entroido se localizarán nas principais prazas públicas da zona centro da cidade, onde se realizarán obradoiros para os máis pequenos así como desfiles e festivais. Así, a partir das 17:00 horas terán lugar talleres de maquillaxe e globoflexia nas prazas de Armas e España; e ás 19:00 horas dará comezo un festival infantil na praza de Amboaxe. En canto ao tradicional desfile e a Gran Gala de comparsas, preto de 300 persoas sairán ás 18:30 horas da praza de España e descorrerá polas principais rúas do centro da cidade até a praza de Amboaxe, onde se celebrará ás 20:30 horas a Gran Gala de comparsas.

Así as cousas, a relación de agrupacións participantes e a temática dos seus  disfraces será a seguinte: “A Revolta” co disfraz de catrinas mexicanas; “West Saloon”, disfrazados de West Saloon; “Piratas de Penencia”, como animaliños da granxa; “Os Colludos”, coa temática Arco Iris; “Os Argalleiros”, que irán vestidos de paiasos; “Os Trastos” coa temática de Massiel Eurovisiva; “A Canteira” como as marionetas do Goberno; “Os Parrandolos”, co disfraz de corrupción Os Guacamayos; e “Os Xunquiños”, que se caracterizarán con temática medieval.

Broche final

A programación de Entroido terá o seu broche final o venres 20 co Enterro da Sardiña, en Ultramar. Este ano comezará a animación no barrio a partir das 17:00 horas cun festival infantil na praza de Ultramar. Posteriormente, ás 20:15 horas está previsto o inicio do desfile de carrozas e comparsas, a actuación das mesmas e a Queima da Sardiña.

Sociedade