Ferrol en común e PP renden homenaxe a Rosalía

Ferrol en común e PP renden homenaxe a Rosalía

15 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol rendiulle homenaxe a Rosalía de Castro, no 130 aniversario da súa morte, o 15 de xullo de 1885. Foi un acto breve e sinxelo coa colocación dunha ofrenda floral na praza Rosalía, do barrio de San Xoán. Asistieron os concelleiros de Cultura e Normalización Lingüística, Jesús Basterrechea e Álvaro Montes, ademais de dous representantes do grupo popular, que foron convidados a sumarse xunto ao resto de formació

"Rosalía representa moitos dos valores que nós defendemos como Goberno local. Foi unha muller de vangarda, implicada na realidade social do pobo galego, que marcou novas formas de facer na cultura nunha época especialmente difícil", resumiu Basterrecha, nun acto "sinxelo pero sentido" para recoñecer o legado de toda unha vida dunha das escritoras galegas máis universais e figura capital da cultura galega.                                             

"Unha galega, escritora e loitadora cun compromiso co país, a lingua e a cultura aínda presente," apuntou Montes, que defendeu a aposta do actual Goberno local por "a recuperacicón dá lingua e dá cultura propia como espazos de uso dende a integración".

Sociedade