Ferrol en lila

O Centro Cultural Torrente Ballester vístese de lila con audiovisuais, teatro e palabras.
13 de Marzo, 2019 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

A gala ‘Ferrol en Lila’ centra os actos programados pola concellería de Igualdade e Muller de Ferrol para esta semana, dentro da programación deseñada co gallo do 8M.Celébrase , hoxe mércores 13 de marzo.

Será un acto aberto e de balde ás 19:30 horas no Centro Cultural Torrente Ballester, coa proxección de distintos traballos audiovisuais de gran calidade que reflexionan de xeito coral e colectivo sobre as traxectorias vitais e profesionais de mulleres ferrolás de onte e hoxe, como a mestra Ánxela Ruiz Robles, no documental ‘Mbook: O libro mecánico’, de Cuerda Floja Producción (no Festival de Cine de Málaga).

Na propia gala haberá un coloquio debate coas participantes dos tres capítulos de Ferrol en Lila,  nos que tomaron parte –entre outras- a productora Chelo Loureiro (na foto) a xogadora do Baxi Ferrol Carmen Fernández, a surfista Yoli Rodríguez ou a informática Luz Castro.

A gala ‘Ferrol en Lila’ combinase con dous pases do roteiro teatral ‘Mulleres expostas’ as 19:00 e as 20:45 horas, coa participación de catro actrices: Bea García, Cris Mariño, Iolanda Muíños e Celia González baixo a dirección de Jose Prieto, autor da peza.

¿En que consiste Mulleres Expostas?

É un roteiro teatral feminista no que unha guía introdúcenos nunha exposición in vivo de mulleres de distintas xeracións –inicios do século XX, franquismo e Transición, século XXI- que falan de xeito crítico e irónico das circunstancias nas que lles tocou vivir. Busca amosar as dificultades que as distintas mulleres tiveron para conseguir avances nas súas vidas, así como salientar todo o moito que aínda queda por acadar.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora