Ferrol estimula á mocidade a facerse co permiso de conducir

Ferrol estimula á mocidade a facerse co permiso de conducir

31 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ferrol prepara un convenio coas autoescolas para facilitar á mocidade a obtención do permiso de conducir. O edil Borja Carro mantivo este mediodía un primeiro encontro de traballo con titulares das autoescolas da cidade. O concelleiro de Xuventude explicou que o obxectivo desta iniciativa é “favorecer a mobilidade dos mozos e mozas empadroados na cidade; facilitarlle o acceso ao mercado de traballo e, ao mesmo tempo, fomentar unha condución segura, e

O concelleiro de Xuventude do Concello de Ferrol, Borja Carro, mantivo este mediodía na Casa Consistorial unha xuntanza de traballo con responsables de autoescolas da cidade e técnicos municipais da súa área para avanzar nunha proposta de colaboración que facilite aos mozos/as empadroados no municipio obter o permiso de conducir. Os titulares das autoescolas que participaron no encontro de hoxe cumpren cos dous requisitos apuntados pola Administración municipal para chegar a un acordo de colaboración neste ámbito: contan no seu persoal con formadores do carné de conducir por puntos, e con especialista na condución racional e eficiente.

“Este primeiro encontro de traballo serviu para iniciar a elaboración dunhas bases e unha proposta de convenio polos que se rexerá esta iniciativa, coa que dende o goberno municipal queremos estimular á xuventude a que obteña o permiso de circulación”, explicou o edil ferrolán. O obxectivo da Concellería de Xuventude e artellar un baremo de achegas municipais aos mozos e mozas da cidade que faga menos gravoso para eles e as súas familias a obtención do permiso de circulación. Deste xeito, apuntou Carro Muñoz, dende o goberno municipal queremos “favorecer a mobilidade dos mozos e mozas; facilitarlles o acceso ao mercado de traballo e, ao mesmo tempo, fomentar unha condución segura, eficiente e respectuosa co medio ambiente”.

Sociedade