Ferrol quéncese co hot jazz de Hot3SSS

Ferrol quéncese co hot jazz de Hot3SSS

02 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de swing, dixie e hot Hot3SSS actuará mañá xoves na Capela do Centro Torrente Ballester. O concerto enmarcado no ciclo Novas Noites, comezará ás 22:00 horas. Hot3SSS intégrano os músicos Guillermo Lancelotti (trompeta, corneta e flugelhorn), Cabe (banyo e guitarra), e Quique Alvarado (contrabaixo e baixo eléctrico), que ofrecerán ao público versións de King Oliver, Louis Armstrong, Kid Ory, Jelly R

Fundada no ano 2003, Hot3SSS ten actuado en diversos lugares de Galicia (A Coruña, Vigo, Lugo...) e pola xeografía española, como Logroño ou Madrid. Nese ano, Lancelotti enviou unha maqueta ao presidente do Hot Club de Jazz de Bahía Blanca, en Arxentina, e quedou tan encantado co trío que non dubidou en invitalos a participar no mesmo na edición de 2004. Unha das copias viaxou a Mar del Plata onde, baixo esta fórmula, naceu un trío similar a Hot3SSS, coa diferencia da tuba en lugar do contrabaixo.

Sociedade