Ferrol saca a licitación a xestións dos centros culturais

Ferrol saca a licitación a xestións dos centros culturais

30 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol ven de sacar a licitación o contrato para a xestión do Teatro Jofre, Auditorio, Centro Cultural Torrente Ballester e outros espazos, mediante procedemento aberto. O prazo para presentar as propostas estenderáse até o vindeiro 5 de marzo e  poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. A xestión dos espazos culturais da cidade, incluído o novo Auditorio de Caranza, sae a licitación cun orzamento base de 501.570,53 eu

Asemade, e co fin de ter en conta as necesidades derivadas da contratación do persoal indirecto, asignarase ao contrato, a maiores da cantidade anteriormente citada, unha cantidade máxima anual de 90.000 euros (engadido o 18% do IVE), polo que a efectos de consignación presupostaria se establece a cantidade de 591.570,53 euros (IVE incluido).

A Administración ferrolá pretende establecer as condicións,  técnicas e humanas que esixirá á empresa que se encargue finalmente da prestación de determinados servizos especiais necesarios para o desenvolvemento da actividade cultural que o Concello de Ferrol programe neste período que agora comeza para os diferentes espazos culturais da cidade, con especial atención a aqueles que se desenvolvan no Teatro Jofre; o Auditorio, no momento no que se incorpore ao Patrimonio municipal; o Torrente Ballester e a súa Capela e de xeito complementario ao resto de espazos culturais xestionados pola Administración ferrolá, como o Carvalho Calero e o Centro Cívico de Caranza.

Corresponderánlle á empresa adxudicataria, a xestión de programación e produción de eventos e a atención permanente a exposicións nos centros culturais. Tamén o mantemento de equipos e maquinaria escénica e aquelas reparacións menores que cómpra efectuar nas instalacións xerais dos centros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ás abríu a lagoa de Valdoviño, pola parte máis estreita da barreira natural de area,ás 08.45  desta mañá. Este feito suspende o desaugamento controlado previsto pola Consellería de Medio Ambiente para esta xornada.

Sociedade