A ferrolana Lidia Gesteira lidera o Caja Rural Valvusenda de Zamora

A ferrolana Lidia Gesteira lidera o Caja Rural Valvusenda de Zamora

10 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Lidia foi unha das xogadoras máis valoradas na primeira xornada do grupo A da Liga Feminina 2 de baloncesto. Sumou 38 puntos, foi a segunda máxima anotadora e encabeza a táboa de asistencias con 11, a de tiros de 2 puntos con 3/3 e a de triples convertidos cun total de sete. O seu equipo, o Caja Rural, visita ás sete desta tarde o pavillón de Esteiro para medirse ao Universitario Ferrol.

O Zamora é un dos equipos máis fortes e con máis talento ofensivo da categoria, ainda que desde o punto de vista defensivo non é un equipo que se sacrifique demasiado.O Universitario comezou a Liga a pasada xornada con bó pé ao vencer ao Arxil a domicilio. Esta tarde en Esteiro veránse as evolucións das norteamericanas Kate Mills (procedente do Obenasa Navarra) e Britany Miller, recén chegada. Completan o plantel a base internacional portuguesa Carla Nascimento, e Miren Aguirregoika (fichada do Ibaizábal). Incorporáronse tamén Natasa Radulovic, Angela García e María Núñez. Seguen do ano pasado Marta Tudanca, Laura Audere e Marta Diaz Pache.

Sociedade