Ferrolterra á Folga Xeral do 12

Ferrolterra á Folga Xeral do 12

11 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañá  12 de xuño todolos cidadáns, a título individual, como traballadores, como empresarios, como veciños das comarcas de Ferrol, Eeume e Ortegal estamos convocados á Folga xeral para chamar a atención sobre a máis que crítica situación que vivimos, agravada pola crise. O 32% de paro é unha cifra inasumible para calquer comunidade.

Os sindicatos chaman a sumarse pois a ese paro e a manifestarse mañán ás 12 dende o Inferniño. Imos escoitar  agora a Declaración Institucional d0 concello de Fene, asumida unanimemente por toda a corporación. O encargadod e leela é o alclade de Fene, Gumersindo Galego.

Os Alcaldes da Mancomunidade trasladarán a Madrid e Bruselas a situación do Naval na Ría de Ferrol. Na reunión celebrada onte tamén quixeron manifestar que comparten os motivos da folga comarcal convocada para a xornada do mércores 12.

Sociedade