Ferrolterra celebra o Día do Doante

Ferrolterra celebra o Día do Doante

06 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O veciño de San Valentín, José Fernández Vizoso vive desde hai seis anos cun figado transplantado. Atopase estupendamente e xa non padece dos problemas dixestivos que o atacaban antes da operación. Debe tomar unha pastilla diaria para evitar o rechazo e procura non facer esforzos. Salvando esas cuestións, pode facer unha vida normal.
A Asociación galega de Trasplantes Airiños instalou esta mañá unha mesa informativa no Complex

O Dia do Doante conmemorase hoxe en Ferrol. Os avances na doazón de órganos van lentos pero seguros.  O vicepresidente da Asociación galega de Trasplantes Airiños Miguel Angel Pérez Quintela falou esta mañá na Residencia Arquitecto Marcide da doación de órganos en Galicia.

A Asociación de loita contra as enfermidades do ril- Alcer- tamén desenvolve hoxe actividades en toda Galicia con mesas na rua, en centros comerciais e hospitais, baixo o lema “Doar órganos é salvar vidas” e facilitando os carnets de doantes.
O Presidente de ALCER Coruña, o ferrolán Rafael Rodriguez, vive desde hai 20 anos cun ril trasplantado. Sabe que vive grazas ao altruismo doutra persoa e máis á calidade do sistema público de saúde.

O transplante de órganos avanzou moito nos últimos anos. Hoxe xa se poden extraer órganos a persoas vivas que queiran axudar a familiares ou amigos. Hai uns anos, só se podian extraer órganos das persoas falecidas e con morte cerebral acreditada. En 1996 así o indicaba en Radio Fene, o doutor Juan Calvo, daquela xefe da Organización de Control de Transplantes no complexo hospitalario Arquitecto Marcide.

Hoxe,  6 de xuño celébrase o “Día Mundial do Paciente Trasplantado ou Dia do Doante”. As causas principais dos trasplantes, son os padecimientos crónico-dexenerativos, como a diabetes mellitus, hipertensión arterial sistémica, colesterol alto e a obesidade. Esas doenzas mal controladas provocan un dano irreversible en órganos vitais. Afectan principalmente os riles, o corazón, o cerebro e  a retina. Cando o dano é severo, a función do órgano é insuficiente e o paciente para seguir vivindo, require dun tratamento sustitutivo, que no caso do dano renal pode ser a diálese ou o transplante renal.

Sociedade