Ferrolterra degustará e saboreará pero non lles picará

Ferrolterra degustará e saboreará pero non lles picará

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pementos do Couto, saben pero non pican. Ese é o lema da campaña impulsada pola concellería de Promoción Económica de Narón. Entre o 18 e o 27 de setembro numerosos establecementos de hostelería da comarca ofrecerán racións de pementos do Couto. Tamén nas grandes superficies de alimentación venderánse 2.500 bolsas de 400 gramos de pementos, empaquetados e garantidos pola cooperativa do Val.En total repartiránse 100 qu

A cooperativa do Val garante a frescura sabor e calidade alimentaria dos pementos do Couto. Miden entre 4 e 8 centímetros e saben, pero non pican. Estes pementos toman o seu nome do Mosteiro de San Martiño de Xuvia na parroquia do Couto do Concello de Narón. Segundo a lenda non pican por intercesión do santo, aínda que hai quen di que foron anos de estudos das variantes dos pementos ata conseguir os pementos que non pican. Sexa o santo ou sexa a xenética, o importante é que os do Couto son os únicos que "  saben... pero non pican".

Sociedade