Ferrolterra reclama unha piscina olímpica

Ferrolterra reclama unha piscina olímpica

10 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

50 metros de ancho, por 21 de ancho e 1,8 metros de profundidade. Esas son as dimensións da piscina olímpica, necesarias para acoller determinado tipo de competicións, como campionatos galegos, de España, internacionais, partidos de waterpolo e natación sincronizada. En Ferrolterra non hai ningunha piscina desas dimensións. A máis cercana ábrese na Casa da Auga na Coruña cunha xestión privatizada. Alí non se celebra ningún t

A presidenta do club Naútico Narón María José Suárez Sabín salienta que Ferrolterra, por número de clubes e de practicantes da natación necesita unha piscina de 50 metros. Son perto de 1000 os deportistas que practican a natación na comarca. Entre promoción, master, waterpolo e competición. A nadadora Vanesa López destaca o bó ambiente que se respira en adestramentos e competicións no club Naútico Narón.

O Naútico Narón finalizou a fase previa da Copa Galicia de clubes, clasificandose para pelexar polo título . Lograron victorias parciais en relevos 100 braza ou 50 volvoreta, e foron terceiros na clasificación final de Segunda. Xogaránse o ascenso á Primeira División co Redondela e o Portamiñá. Na Primeira División cara e cruz da moeda para Ferrolterra. O Marina Ferrol terá que loitar por manter a permanencia o vindeiro mes de maio. Disputarán co Arteixo e o Natación Pontevedra a única praza que da dereito a continuar na máxima categoria. Tamén na División de Honor o Natación Ferrol Elinco asegurou a permanencia e loitará polo título o vindeiro mes de maio.

Deportes