As Festas das Peras fieis á cita de setembro.

As Festas das Peras fieis á cita de setembro.

06 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cando chega Setembro, na comarca a festa soa a Peras, as Festas das Peras de Pontedeume- A Coruña-  celebranse entre o 7 e o 11, cun cartel que combina as inamobibles tradicións e a chegada á vila de novas formacións musicais. Arrancan o sabado dia 7 coa saída dos mómaros ás 12 da mañá e a ofrenda floral á Virxe das Virtudes ás 19h. A orquestra Tambo animará a verbena do 1º día.

Segundo día, domingo 8 de setembro, á 1 da tarde, a Cucaña marítima é a raiña ese dia en Pontedeume. Milleiros de persoas siguen o xogo dende a ponte e a zona do peirao. A orquestra Alarma ameniza a verbena.

Terceiro día, luns 9, será a Claxxon a orquestra convidada pola noite. Durante a mañá celebrase na Alameda o concurso de froitas do país. Ás 12 entreganse os premios e despois procédese á degustación de peras, mazás ou pexegos cultivados na zona.

Cuarto dia, martes 10, é o resrvado para a misa e a bendición dos bolos. A orquestra Panorama brillará con luz propia esa noite.E máis luz porá a batalla naval na ría.

Quinto e ultimo dia, mércores 11 de setembro, ás 11 da mañá comeza a xira ao rio Eume. No río terán musica pero a traca final pona a orquestra Nueva Generación, dende as 10,30 da noite na Alameda./

Sociedade