As Festas de Caranza 2011 honran o choco da ría

As Festas de Caranza 2011 honran o choco da ría

09 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A 1ª Festa do Choco da ría celebrarase no barrio de Caranza o próximo mércores 17. E é que o barrio ferrolán vivirá unha semana completa de festas , entre o luns 15 e o domingo 21 de agosto. O mesmo dia da festa gastronómica, o presidente da Autoridade portuaria, Angel del Real, encargarase de ler o pregón.

 A I Festa do Choco da ría, ao que hai moita afición en toda a comarca, completarase coa exposición fotográfica  “Caranza e o mar” A Asociación de Hostelería de Ferrol e Comarca presentará un recetario a base de choco. Tamén se entregarán os trofeos do I Campionato de pesca do choco “Barrio de Caranza”, que se celebra este domingo 14 dende as 8 da mañán na ría. O producto degustarase o mesmo mércores, a prezos populares. Na festa actuará a Revolta e amenizará un baile o Trío Boreal. Desenvovlerase todo na Rúa Cartagena – Paseo Marítimo-

O mércores  será un dos dias fortes das festas caranceiras pero tamén hai concerto o xoves o “Caranza Rock” ;  unha festa na Residencia de Maiores o venres, e verbenas tanto o sabado como o domingo. As festas de Caranza comenzan o luns con cine ao aire libre. Na praza do centro cívico proxéctase Avatar, ás 10,30 da noite. Organizan os festexos, o Club Galicia e a Comisión de festas de Caranza.

Sociedade