As Festas do Verán de Boiro trasladaranse ás inmediacións do parque da Cachada

As Festas do Verán de Boiro trasladaranse ás inmediacións do parque da Cachada

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

As Festas do Verán 2010 estrean novo emprazamento, co obxectivo de desconxestionar o tráfico no casco urbano durante as celebracións e dar máis comodidade tanto aos veciños como aos propios empresarios das atraccións de feira. Deste xeito, as atraccións de maior volume colocaranse na superficie do novo aparcamento e o resto na Avenida da Constitución e na Avellaneda, quedando as caravanas dos feirantes emprazadas na rúa número 6 e un tram

No plano adxunto pódese comprobar como quedarán distribuídos tanto os chiringuitos como o tráfico, que poderá circular practicamente con normalidade, pois durante o día só quedará pechada a zona das atraccións de maior envergadura, e pola noite estarán despexados accesos suficientes tanto de entrada como de saída. 

As orquestras manterán os espectáculos na Praza de Galicia.

Sociedade