As festas, encorsetadas ou máis seguras?

As festas, encorsetadas ou máis seguras?

07 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As comisións de festas atopáronse este ano con certas dificultades para levar a cabo a organización dos festexos populares. Unha lei da Xunta de Galicia de decembro do 2013 esíxelles unhas obrigas legais,  para obter a licencia. O revés que supuxeron para moitas comisións os novos requisitos administrativos fixo que o asunto se abordase no último pleno municipal do concello de Fene, .

O grupo municipal do PSOE trasladou nunha moción o descontento ao resto da corporación, alegando as queixas das comisións de festas polos trámites farragosos que debían complimentar. Tanto o BNG como EU engadiron que os veciños que conforman as comisións xa fan un gran esforzoorganizativo. O PP defendeu que o goberno local adiantouse ao problema mantendo unha reunión xa no mes de febreiro coas comisións de festas e as sociedades de Fene poñendo á súa disposición aos técnicos municipais e a unha empresa externa a fín de que lle asesoraran a axudaran nos novos trámites esixidos. A concelleira portavoz do goberno local, Rocío Bértoa defende que ten que  primar a seguridade e que a Xunta modificou a normativa, no mes de xuño, eliminando algunhas cláusulas para festas ao aire libre con menos de 20.000 asistentes ou festas en locais pechados con menos de 200 persoas.

Recoñecendo que non se anulou ningunha festa en Fene por culpa da normativa, os gruposd a oposición afirmaban que non se suspenderon porque as orquestras xa estaban contreatadas de antemán pero que corren risco de non facerse o ano que ven. Rocío Bértoa anunciou que a FEGAMP vaise reunir o día 18 deste mes para abordar este asunto. E recalcou que o mellor de todo é que as comisións se liberan de toda responsabilidade civil.

Sociedade