Festival de goles

Festival de goles
14 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Satisfeito polas rapazas, foi un partido tranquilo e as xogadoras viron portería”. Explica Carlos Carballo, Vinki, a goleada vivida o domingo nos Pinares na novena xornada da Terceira División galega de.fútbol feminino Perlío 9-0 Unión Campestre. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“No minuto 5 íamos 3-0 e para o descanso o partido quedou totalmente resolto”. Para o Perlío resultou un partido cómodo fronte un equipo, o de Montrove (Oleiros), con moitas xogadoras novas. As autoras dos tantos foron Judith (4), Noa (3), Rocío e María. Isto permitiulle a Judith poñerse á cabeza na táboa de goleadoras con oito goles marcados en sete partidos. Outro dato positivo para o Perlío. “É un aspecto positivo, é bo para o equipo, pero todas teñen que aportar, non podes depender dunha xogadora”, reflexiona o técnico.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora