Fin do período de consultas ao documento inicial do PXOM de Fene

Fin do período de consultas ao documento inicial do PXOM de Fene

19 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ultimo día de prazo prazo para presentar suxestións ou consultas ao documento de inicio do Plan Xeral de Ordenación municipal de Fene. O BNG, que considera que o documento non foi debidamente publicitado nin consensuado, solicita que se amplíe por un mes máis.

O BNG de Fene solicita a ampliación do período de consultas ao documento inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que remata hoxe. Os nacionalistas acusan ao equipo de Iván Puentes de ter realizado o proceso co equipo de arquitectos sen consultar coa oposición nin coa cidadanía cando, para eles, trátase dun dos documentos máis importantes que pode ter un Concello.

Segundo os nacionalistas, o periodo de consultas, que comezou o 20 de decembro, non foi comunicado nin feito público na web do concello ata 10 días despois, coincidindo ademais co periodo de vacacións de Nadal. As asociacións veciñais foron informadas entre o pasado venres e o luns, cunha marxe de tempo, para o BNG, insuficiente. Por todo isto, os nacionalistas veñen de rexistrar formalmente a solicitude de ampliaciçon do periodo de consultas do documento inicial o que senta as bases da próxima redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Sociedade