A final da Copa xógase o domingo dezaoito de xuño

A final da Copa xógase o domingo dezaoito de xuño
30 de Maio, 2023 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío e o Cebarca xogarán a final da Copa da ría o domingo dia 18 ás seis da tarde no campo da Gándara en Ferrol. Onte á tarde tivo lugar unha reunión na delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol para estudar a posibilidade de adiantar o partido, dado que os dous clubes finalizaron xa as competicións. Barallouse o sábado tres, domingo catro e sábado dez pero non houbo acordo. 

Fotografía Xan Xe

Polo tanto decidiuse manter a data fixada inicialmente. O prezo da entrada ascenderá a cinco euros. O Perlío actuará como locatario, por ser o clube co rexistro federativo máis antigo. Polo tanto xogará coa súa equipación oficial, tendo o Cebarca que modificar a cor do pantalón. 

 

Na imaxe a semifinal da Copa, Perlío - Maniños

Foto Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora