Fixed lovers

Fixed lovers

26 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Amantes das bicicletas, dos paseos e das árbores teñen o seu recuncho en Barallobre (Fene A Coruña). Hai oitenta anos ergueuse alí o Monumento ao Camiñante Descoñecido, unha homenaxe ao viandante, á persoa sen recursos, pero tamén ao medio ambiente e á cultura.

Nesta casa naceu o dia oito de outubro de 1907 o doutor en medicina Don Pablo Ares Feal. Barallobre, o seu pobo, e amigos de Galicia lle adican esta lembranza póstuma coo homenaxe ás súas excelsas virtudes feitas realidade en favor da comarca ferrolana. Morreu en Santiago de Compostela o sete de novembro de 1962. Ese é o texto da placa colocada na vivenda natal do galeno, unha das figuras ás que se adica o Monumento ao Camiñante Descoñecido, unha iniciativa do xornalista Alfonso Piñón, dun marcado carácter ecoloxista e de coidado do medio ambiente. Doce bancos permiten descansar ao viandante e cada ún deles lembra unha figura das letras galegas. Xunto con Ares Feal, posuen banco adicado no Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre (Fene A Coruña) os seguintes persoeiros: Castelao, Curros, Rosalía, Insua Santos, Irmáns Vilar Ponte, Otero Pedrayo, Bieito Cupeiro, Rof Codina, Pondal, P.Parallé e Xosé Neira Vilas. Don Ramón Otero Pedrayo inaugurou o monumento en 1934. Xosé María Pérez Parallé adicoulle un poema que comeza con estes versos:

Camiñante, en Barallobre, / pobo rexo, agarimento, / pescador, labrego e nobre, / Camiñante, / Barallobre, / ergueu, pra tí, un Monumento.

Sociedade