Flexibilidade, elasticidade e mantenemento físico

Flexibilidade, elasticidade e mantenemento físico

17 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Flexibilidade, elasticidade e mantenemento físico son algúns dos beneficios da danza” asegura o profesor de baile Boris Pico. “Intentamos achegala a todo o mundo, porque o baile non entende de edades, profisións ou clases sociais. Antes pegaba máis o baile deportivo ou de salón, pero agora está chegando forte o hip-hop”.

O krump ou krumping é un estilo de baile nacido en Los Ángeles, California. Son movementos enerxéticos de estilo libre, afro-americanos, de rúa. Asocianse ao hip hop, breakdance, popping, locking e freestyling.

O krump será un dos estilos de baile que se poda aprender en Boris Pico, escola de baile  Abrirá a comezos de outubro no local ubicado na avenida Naturais de Fene, 45. en Fene. Boris foi director de Fusion Dance nos últimos tres anos e agora emprende un camiño diferente, acompañado de Eloi García. Ofrecerán obradoiros gratuitos para o alumnado os sábados pola tarde unha vez ao mes. Ademais de xeito puntual organizarán masterclass con profesores internacionais. O prezo dunha clase semanal de hora e media de duración ascende a 15 euros ao mes. Cada clase semanal a maiores, a tarifa aumentará en 5 euros. O horario de apertura prolongarase entre as catro da tarde e as dez e media da noite e os sábados pola mañá de once a duas.

"Invitados que lle queiran dar unha sorpresa á parella de noivos poden preparar unha coreografía. Deixarán aos contraíntes coa boca aberta" manifesta Boris Pico.

Sociedade