Fogos de mentira e de verdade

Fogos de mentira e de verdade
11 de Marzo, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fábrica Pirotécnica de Maniños. Cap. II

Cando se produce o golpe de Estado en xullo de 1936, acuciado pola escasez de armas para abastecer o exército rebelde, Franco militarizou a Pirotécnica de Maniños converténdoa en fábrica de armas, para fabricar balas, suministros para canóns e outros artiluxios. Francisco García Pazos convértese en director. A crecente demanda fai que a fábrica de Maniños precise ampliar o cadro de personal de tal xeito que chegaron a ser arredor de 300 empregados. A familia García contonúa á fronte da pirotécnica que, despois da guerra, retorna á súa tarefa orixinal de crear fogos de artificio.

Pero, o 18 de abril de 1942, prodúcese un suceso dramático. Un grave accidente acaba coa vida de oito persoas, algo que marca o principio do fin desta fábrica. Despois do accidente, a fábrica cambia de donos pero pecha definitivamente en 1955. Hoxe en día poden verse aínda os restos da pirotécnica de Maniños, parte dos talleres no lugar de Cornide. Algún deles reconvertiuse en vivenda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora