ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A folga de instalacións deportivas convocada polos sindicatos UGT, CC.OO. e a CIG entre o sábado 16 de xaneiro e o mércores 20 do mesmo mes, impedirán a celebración da xornada de adestramento e demostración de natación sincronizada organizada polo Concello de Vilalba e o Club Natación PortaMiñá de Lugo. O evento íase celebrar na Piscina Municipal pasadomañá a partir das 10 da mañá.
Desde a Concellería de Deporte da Casa Consistorial vilalbesa buscouse continuar coa xornada, pero os servizos mínimos non contemplaban cubrir estes eventos, xa que só se ocuparán dos servizos mais básicos. A ausencia de socorristas foi outro dos motivos polos que foi imposible continuar con esta actividade.
“Estivemos mirando de poder levar este evento adiante con servizos mínimos, pero, desafortunadamente non cubrían este tipo de actividades. A ausencia de socorristas tamén impedirá a celebración desta xornada, que era unha actividade moi interesante de cara a promocionar outro tipo de deportes no Concello”, estableceu Jesús Bermúdez, responsable da área deportiva do Concello de Vilalba
A folga, á que se sumaron o persoal encargado do mantemento das instalacións deportivas do Concello, veu motivada pola ruptura da negociación do convenio colectivo de Instalacións Deportivas de Galicia. As mobilizacións xa comezaron no pasado decembro e, de non chegar a un acordo, serán indefinidas desde o primeiro de decembro.