Folga estudantil en secundaria, contra os ataques ao Galego

Folga estudantil en secundaria, contra os ataques ao Galego

18 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Mesa pola Normalización Linguística e a súa sección xuvenil, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes denuncian que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%. As organizacións convocantes da folga piden que "o galego exista" , tamén nas materias científico-técnicas  en que o decretazo "impón o uso obrigatorio do castelán". A folga estudantil no en

 

Hai uns dias presentáronse en Santiago de Compostela a convocatoria e os materiais da folga estudantil no ensino medio do  19 de abril, cuxo lema central será "Paremos os ataques contra o galego".

 

Sara Seco, responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa; Brais Pedreira, dos Comités; Vítor Giadás, da Liga Estudantil Galega; e Manu Andión, do Sindicato de Estudantes, expuxeron os motivos que levan as súas organizacións a chamar a parar as aulas o vindeiro 19 de abril. Unha convocatoria, indicaron, que conta xa "co apoio doutras organizacións do ámbito xuvenil" que nos vindeiros días se irán dando a coñecer e que está "aberta" a "novos apoios".

Segundo explicou Sara Seco, nestes tres anos de goberno de Núñez Feijóo non se puxo en marcha "nin unha soa medida favorábel" á lingua propia de Galiza. A responsábel nacional da sección xuvenil da Mesa acusou, pola contra, ao executivo de practicar unha política lingüística no ámbito educativo destinada a "reducir o noso idioma á mínima expresión" e de aprobar  "un decretazo contra o galego".

Segundo explicou Sara Seco, nestes tres anos de goberno de Núñez Feijóo non se puxo en marcha "nin unha soa medida favorábel" á lingua propia de Galiza. A responsábel nacional da sección xuvenil da Mesa acusou, pola contra, o executivo de practicar unha política lingüística no ámbito educativo destinada a "reducir o noso idioma á mínima expresión" e de aprobar un decreto que "é, na práctica, un decretazo contra o galego".

Segundo os seus datos, a media do horario semanal de aulas que se imparten na lingua propia de Galiza só no ensino medio é do 20%, "moi por debaixo, xa que logo, do propio límite fixado polo propio decreto", do 50-33% en función do grao de introdución da terceira lingua para unha parte do currículo. Neste aspecto, os convocantes advirten que se está a evidenciar "o uso da incorporación do inglés como coartada para eliminar aulas en galego".

 Os representantes das organizacións convocantes da folga estudantil tamén coincidiron en sinalar como outro dos graves ataques contra o idioma o feito de prohibir o uso do galego para impartir as materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía.

Os impulsores da folga do 19 de abril recordan que o contexto de crise económica e de brutais recortes no sistema educativo non foi impedimento para que a Consellaría de Educación gastase moito diñeiro público en destruír libros e materiais das materias científico-técnicas "só por estaren en galego".

Sociedade