Fomento mellora a accesibilidade da Estación de Rábade

Fomento mellora a accesibilidade da Estación de Rábade

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Ministerio de Fomento, a través de Adif, adaptou a estación do tren de Rábade para mellorar a accesibilidade nas súas plataformas e nos andéns. Esta intervención da Estación chairega sumouse ás de Sarria, San Clodio e Quiroga, nas que o departamento dirixido por José Blanco, investiu preto de 60.000 euros.

Adif instalou bandas de proximidade nas plataformas da estación de Rabade. Estas bandas están deseñadas para facilitar a mobilidade de persoas invidentes e fórmanse mediante a colocación de baldosas situadas a 60 cm do bordo da plataforma. Dispoñen de resalte cilíndrico tipo botón, polo que resultan moi perceptibles para o cliente ao ser pisadas e lle anuncian a zona de proximidade ao tren na que se atopa. A sinalización complétase cunha banda fotoluminiscente pintada a continuación da fila de baldosas.

A instalación das devanditas bandas conta co respaldo do Comité Español de Representantes de Persoas con Minusvalidez (CERMI), entidade coa que Adif subscribiu un convenio de colaboración en xullo de 2006.
Estas actuacións enmárcanse no Plan de Modernización de Estacións, impulsado polo Ministerio de Fomento para a dinamización da economía e que Adif está a levar a cabo co obxectivo de ofrecer aos seus clientes un servizo de maior calidade e con mellores prestacións de seguridade, accesibilidade e confort.

Sociedade