Fornos, o artilleiro do Perlío

Fornos, o artilleiro do Perlío

09 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Numancia de Ares é o próximo escollo a superar polo Perlío para seguir a súa andaina cara o título ligueiro na segunda autonómica de fútbol. O actual líder da categoría gañou no pasado derby contra o Maniños, segundo na táboa e que se amosa vixiante ante un tropezo dos dos Pinares. O artífice desta victoria foi o xogador do Perlío, Alberto Fornos, quen meteu os dous goles do triunfo.

Malia a boa marcha do conxunto de Tito Dopico, Fornos non vé aínda ao conxunto campión e amósase cauto e explica que “hai que ir partido a partido”.Para o xogador de 25 anos, natural de Neda e actual “pichichi” da liga, o Maniños e o Narón B serán os dous contrincantes cos que disputarán o título de campións. Un triunvirato no que se decidirá a tempada. Polo momento céntrase no partido deste domingo contra o Numancia, ao que ve moi forte cos dous dianteiros mellores da liga, Manu e Pedriño.

O extremo esquerda do Perlío, que ten no seu haber 19 goles, sinala que a chegada de Alex Pita procedente de O Val, supón un reforzo moi importante para o equipo. Atesoura moita ilusión á hora de saltar ao campo pola boa racha do conxunto pero non botan as campás ao ar porque aínda restan 12 xornadas e “non hai nada garantido”. Segundo Fornos, o éxito do conxunto de Tito Dopico reside en que forman un plantel unido. Mantendose fortes en defensa, saben que os goles chegarán en calquera momento.

Deportes