As fotografías do móbil

As fotografías do móbil
26 de Abril, 2021 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

“Ter 4.000 fotos gardadas no móbil non val de nada” afirma a fotógrafa Helena Segura-Torrella. Vai abrir novo estudio en Fene que compaxinará co que xa ten hai anos en As Pontes. Helena indica que “hai moita xente que xa valora ter unha fotografía en papel ou un completo reportaxe dun momento determinado como unha lembranza do instantáneo”. A fotógrafa lembra que todas as imaxes arquivadas no móbil poden perderse simplemente nun extravío do celular se non se conserva unha copia de seguridade.

ESCOITA O PODCAST:
Helena Segura-Torrella en Radio Fene

Segura-Torrella puxo en marcha unha iniciativa para realizar reportaxes de mulleres. “As mulleres adicámonos pouco tempo a nós mesmas, centrámonos na maternidade, no coidado dos pais, do fogar, no traballo, ...”.Xunto coas reportaxes fotográficas e de video de mulleres, tamén continuará adicando atención á fotografía de bebés, “unha especialidade que require moita formación para coller, mover e enfocar ás crianzas”. O estudio en Fene aínda non está totalmente rematado. A intención da fotógrafa é centrar a nova instalación na volta do Cádavo en nenos e bebés. Segura Torrella abrirá o seu estudio na Avenida Naturais de Fene, 41 entrechán.

Cultura

Publica o teu comentario agora