Foz súmase á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

Foz súmase á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

27 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Concello e os centros de ensino de Foz sumaránse á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia pasado mañá xoves dia 29 ás oito da tarde. Cada instituto e escola representará un continente, e todos confluirán na glorieta de Vilalba. Organiza a protesta a ONG Mundo sen guerras.

Unha gaita construida pola artesán Patricia Cela, e tocada por primeira vez por Xurxo Fernández (director banda de gaitas Xarabal), representará a Galicia durante toda a súa andaina mundial, e chegará o 2 de xaneiro a Punta de Vacas, Arxentina, onde será interpretada por un emigrante galego. Alí, aos pés do monte Aconcagua será transmitido o canto da alma galega, un canto á diversidade e solidariedade entre os pobos.

Sociedade