Francisco Jorquera nega a existencia do “Pacto do Obradoiro”

Francisco Jorquera nega a existencia do “Pacto do Obradoiro”

28 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Rematou o periodo de graza. Pasaron cen días dende que Alberto Núñez Feijóo comanda a Xunta de Galicia, tempo no que, segundo prometera, ía poñer a andar o país e comprometerse cos sectores máis necesitados. Entre os anuncios máis sobranceiros dese periodo figura o recente "Pacto do Obradoiro" que Alberto Núñez Feijóo cualificou de “acordo histórico”. O presidente galego presentouno como o froito

O nacionalista explicou que o sabía porque o propio titular de Fomento, José Blanco, lle confirmara os plans arredor do AVE nun encontro privado un mes antes do anuncio do presidente autonómico. Así as cousas, Jorquera considera que Feijóo “fixo renuncia na defensa do país porque non cre nel e limitouse a asinar e ratificar os plans do Goberno central”. Dende a perspectiva do voceiro do BNG nas Cortes, o futuro da Alta Velocidade non está nada claro: “É inaudito aplaudir o adiamento da chegada do tren ata 2015 e o feito de que algúns treitos terán que financiarse con capital privado”, concluíu.

Institucional