Fred Martins e Uxía Pedreira presentan en Fene o seu disco

Fred Martins e Uxía Pedreira presentan en Fene o seu disco

18 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os compositores Ugia Pedreira e Fred Martins presentan mañá venres na ACRD Agarimo de  Sillobre- Fene- o seu disco “Acróbata”. O concerto comezará ás 20 horas. “Acróbata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular Brasileira coa Música Popular Galega. Este proxecto é o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras dun encontro entre os d

Trala actuación deste venres, a  vindeira semana estará en Fene o contacontos Cándido Pazó. O venres, 26 de outubro, presentará no Salón de Actos da Casa da Cultura (ás 20 horas) “Historias e histerias”. Trátase dun espectáculo de contos, lerias e historias de xente de hoxe e doutros tempos que vai capeando a vida como pode porque “todo momento de histeria ten detrás a súa historia”.

Sociedade