Fundir a escrita e a vida como a tinta no papel

Fundir a escrita e a vida como a tinta no papel
05 de Maio, 2022 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

A escrita e a vida poden fundirse como a tinta no papel. “Lémbrote onte sobre a herba, os brazos termando da luz, as pálpebras chamando pola vida e o corpo mollado;” Son versos incluidos no libro “O caderno de Daia” de Luís Gustavo Cuntín. Na poesia de Cuntín hai unha certa visión de trascendencia asociada ao amor, pero tamén unha pulsión biográfica que o leva a destacar, por exemplo, o atardecer en Perlío.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

O autor quere conectar coa “poesía da experiencia”. Animaronno moito a escribir na década dos oitenta Anxeles Penas e Arcadio López Casanova. Entre os poetas da literatura universal, Cuntín recomenda a Camoes, Quevedo e Petrarca. O caderno de Daia, de Luís Gustavo Cuntín. O libro comentado no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión coa participación de Arturo Regueiro, Xavier Pérez Carrasco, Henrique Sanfiz e o autor, poeta e sociólogo.

Cultura

Publica o teu comentario agora