Fuxidas inútiles

Fuxidas inútiles
17 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“A enfermidade viaxa contigo”. Rotunda afirmación de Mariel, usuaria do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. Cambiar de cidade, de traballo, de amigos…É o que chaman fugas xeográficas. Algo común entre persoas alcohólicas.

ESCOITA O PODCAST:

“Eu vivía na Coruña, estaba tan mal comigo mesma que lle botaba a culpa ao entorno, aos amigos, á cidade, á casa… sen ver que o problema estaba comigo”. Tamén pasou pola experiencia Isabel que marchou uns meses a Girona. “A miña intención sempre era beber unha soa. O problema o non saber parar. A cabeza aínda me empezaba traballar máis e iso levábame a outra, outra, outra…cada vez a loucura era maior e tentaba parar a loucura bebendo máis”, relatou no espazo no que semanalmente abordamos en Radio Fene a enfermidade do alcoholismo.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora