Gañadores do Blanco Amor acuden a Fene na XXX edición do premio.

Gañadores do Blanco Amor acuden a Fene na XXX edición do premio.

13 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os escritores Víctor Freixanes, Xesús Rábade, Xavier Alcalá, Valentín Carrera, Francisco Castro e Inma López Silva son os convidados a falar en Fene con motivo do XXX aniversario do Premio de Novela Blanco Amor. A Concellaría de Cultura de Fene, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, ven de programar un ciclo de tertulias con gañadores de anteriores edicións do Premio de Novela Longa “Eduar

A primeira destas tertulias, conducida por Mercedes Queixas, terá lugar o xoves, 20 de setembro na Casa da Cultura de Fene e contará coa participación de Víctor F. Freixanes, gañador do Blanco Amor, ( entregado en Mugardos en 1982) coa novela “O triángulo inscrito na circunferencia”

Programa:

•Xoves, 4 de outubro, tertulia con Xesús Rábade Paredes, conducida por Verónica Martínez Delgado.

•Xoves, 11 de outubro, tertulia con Xavier Alcalá, conducida por Alfredo Ferreiro.•Xoves, 25 de outubro, tertulia con Valentín Carrera, conducida por Tati Mancebo.

•Xoves, 8 de novembro, tertulia con Francisco Castro, conducida por Carlos Negro.

•Xoves, 22 de novembro, tertulia con Inma López Silva, conducida por Mercedes Queixas.

Nestas tertulias, que terán lugar sempre ás 19:00 h na Casa da Cultura, tanto o condutor/a como o público participante dialogarán co/coa autor/a gañador/a do Premio Blanco Amor sobre a obra coa que gañou o Premio. Na escolma de autores/as procurouse garantir a presenza daqueles escritores que gañaron nas edicións do Premio que tiveron lugar na comarca de Ferrolterra.

Sociedade