A gaita e a chacarera

A gaita e a chacarera

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Juan Carlos Cambás ao piano. Daniel Bellón á gaita. Os dous tocaron unha chacarera arxentina nun Festival en Vilagarcía de Arousa. Puxéronlle sentimento á música raiz e arrincaron a ovación do público.
O pianista arxentino reside en Galicia dende o 2003. “Daquela tiña 35 anos e Argentina pasara 35 crises” afirma con ironia o músico sudamericano. Cambás prepara na actualidade o disco “Viaxe”, ond

“Os galegos foron alá convertindose en embaixadores da súa propia cultura, e os arxentinos que viñemos nos últimos anos somos tamén exemplo de transculturación”, afirma Juan Carlos Cambás. Para o mes de xaneiro levará a Daniel Bellón e Diego Maceiras, ao Festival de Cosquín en Bós Aires.

“Trátase da cita máis importante do ano da música raiz en Argentina, prolóngase 9 noites congregando cada dia a 12.000 afeizoados” salienta o pianista, engadindo que “chega a 17 millóns de persoas a través da radio e da televisión”.

Sociedade