Galego presenta os orzamentos municipais

Galego presenta os orzamentos municipais

09 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno de Fene presentou esta mañá na Comisión Extraordinaria de Facenda o proxecto de presuposto para este ano 2011. Segundo o responsable de Facenda, o popular Juan José Franco, o novo orzamento quere afianzar as políticas de protección social, axustar o nivel de gasto e reducir a débeda municipal. O borrador aprobouse na comisión desta mañán, cos votos favorables do PP e a abstención de toda a oposición. O venres

Trátase, segundo Franco, dun orzamento realista e paliativo da grave situación económica. O presuposto do Concello de Fene asciende a 9.360.028,33  euros,  un millón e medio de  euros menos respecto ao  2010, o que supón un  descenso cercano ao 15 %. Terá prioridade  o gasto en políticas sociais e a reducción da débeda municipal, segundo palabras de Juan José Franco.
O investimento centrarase na execución dos plans de obras provinciais, atrasados dende o 2007 ademaís dalgunhas obras pendentes de executar ás que se referíu o concelleiro de Facenda como o camiño de acceso ao parque liñas do Cádavo no tramo de Vilanova; a apertura do camiño no lugar de Abaixo en San Marcos; o alumeado na praza da Escola de Perlío ou o remate da rehabilitación da casa de Cela no parque Castelao.   Nuns minutos escoitaremos a entrevista que lle realizamos en Radio Fene ao responsable de Facenda, Juan José Franco, esta mesma mañán ao remate da Comisión na que se presentou o proxecto de orzamentos de Fene para este ano 2011.

Sociedade