GalegoZ regresan con ironía e festa en “Viñeron da Galiza Interior”

GalegoZ regresan con ironía e festa en “Viñeron da Galiza Interior”

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Volven GalegoZ e fano con cinco temas a libre descarga na Regueifa Plataforma. A banda aproveitou a nova conxuntura política para adaptar as súas novas composicións á realidade galega, facendo coincidir ademais a saída deste novo traballo, Viñeron da Galiza Interior, coa investidura de Feijóo o pasado xoves 16 de abril. Un disco máis electr&oacut

“Viñeron da Galiza Interior”, “Apocalipse Agora”, “Non poden con nós”, “O amo da billarda” e “Zombis no Gaiás” son os títulos dos cinco cortes deste terceiro traballo de GalegoZ, no que novamente volven contar con banda: Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomás Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son).

O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo... En febreiro do 2006, animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco Galician chimpanzee (un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos) e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda formada por músicos procedentes de distintos grupos galegos..

En 2007 a banda tocou ao longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo Revolution Dance nos festivais mais importantes do país. Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e, ás veces, incluso surrealistas conforman o son desta formación.

GalegoZ están agora a traballar no show en directo, un espectáculo que novamente será multimedia con performance, samplers, loops, percusións, guitarras, ventos e voces, e onde haberá moito humor. As citas máis próximas para velos en directo son o 16 de maio no Festival da Marosa en Burela e o22 dese mesmo mes no Manguelo Rock de A Estrada.

 

Sociedade