Galicia, encrucillada de camiños

Galicia, encrucillada de camiños

06 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A romaría do Monumento ao Camiñante Descoñecido en Barallobre (Fene) celebrase este sabado. Comenza coa apertura dunha Feira de artesanía, ás 11 da mañá con articulos de alimentación e artículos de segunda man. 60 postos están reservados para ocupar a pista polideportiva de Barallobre durante toda a xornada. A feira e o menú do Camiñante son as novidades deste ano.

Nas inmediacións do campo da festa instalaránse as merendas que a Liga de Amigos quere promover, proporcionando dende as 13,30 un menú do camiñante a base de empanada e xamón escaldado.

Pola tarde ás 17.00h baixará a comitiva ata o monumento na estrada da Palma para facer a ofrenda floral ao camiñante descoñecido. Despois na pista polideportiva de novo, os grupos, Airiños do Frade de San Martiño do Porto e Bolboretas de Barallobre participan tamén poñendo a música, e ás 20.00h a Liga de Amigos ofrecerá a sardiñada. O Duo Caramelo porá o broche ao Camiñante na verbena dende as 22,30h.

Sociedade