Galicia non será un problema para a economía española

Galicia non será un problema para a economía española

04 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta de Galicia será responsable e seguirá mantendo a solvencia e o rigor coas súas contas públicas segundo palabras do presidente Alberto Nuñez Feijoo, que esta mañá compareceu tralo último Consello da Xunta antes do verán, a pesares do incumprimento do acordo financeiro que o goberno central tiña establecido coas comunidades autónomas. 


Así de directo amosouse o presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello, onde asegurou que o seu goberno fará os axustes necesarios para que Galicia siga cumprindo os seus obxectivos de estabilidade presupuestaria e seguridade nos servizos públicos esenciais, e siga esforzándose para que os cidadáns sufran o menos posibel os incumprimentos do goberno central. 

 

Ademais, o presidente falou doutros temas tratados no Consello, como os convenios acordados co sector pesqueiro para favorecer a chegada de peixe fresco aos comedores das escolas galegas, ou a búsqueda dun modelo único de infraestruturas a través da creación da axencia galega de infraestruturas, a cal suporá un aforro nos custes e comezará a operar en 2012. 

 

Feijoo restaltou tamén a importancia da cesión do fondo bibliográfico e documental que o autor galego Isaac Díaz Pardo fixo á Biblioteca da Cidade da Cultura, supoñendo un total de máis de 16.000 exemplares que buscarán dar un novo impulso tanto para o propio autor como para o Gaiás, que segue buscando converterse no referente cultural de Galicia. 

Institucional