González Collado dona ao Concello un retrato de Torrente Ballester

González Collado dona ao Concello un retrato de Torrente Ballester

26 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pintor José González Collado fixo entrega esta mañá á concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, dun retrato do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, que pasa a formar parte dos fondos municipais. O acto simbólico de entrega desta obra, que foi pintada no ano 1947, tivo lugar no propio Centro Torrente Ballester, onde a edil agradeceu ao artista “a súa xenerosidade” ao permitir que a obra pase a

O cadro, segundo o seu autor, foi solicitado en diversas ocasións por cidades como Santiago de Compostela ou A Coruña e “foi secuestrado durante 38 anos; desapareceu cando o levei enmarcar e finalmente o atopei nun anticuario”. Así mesmo, indicou que foi pintando cando cursaba estudos de Belas Artes en Madrid “en presenza do poeta madrileño da Xeración do 27 Jesús Juan Garcés”. González Collado explicou que o retrato de Torrente Ballester, con quen tiña unha gran amizade, realizouno cando este tiña 37 anos e indicou que “nunca estivo nas súas mans”. Formou parte da exposición antolóxica sobre Torrente que se abriu na Fundación Novacaixagalicia.

Sociedade