Gora o Entroido

Gora o Entroido

11 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Tedes o mellor Entroido da comarca porque é onde máis xente se ve disfrazada" asegurou unha integrante da comparsa A Revolta dende o palco da Praza do Concello de Fene. “Gora o Entroido, ou tampouco se pode dicir? afirmaba outro entroideiro aludindo á detención dos titiriteiros de Madrid. Unha multitude de xente, retando ao mal tempo, seguíu a festa en Fene, coa ledicia da viúva polo paso do Antón a mellor vida. Os eólicos que construe

“Gobernan o consistorio tres partidos, un terceto. Quedou composta e sen noivo a que puido ser cuarteto”. Así pon no testamento do Antroido que onte se daba a coñecer na Praza do Concello de Fene antes de queimar o Meco no río Cádavo. Á oposición tamén se refería o defunto con estes versos “O pésame a Gumersindo que a pesar da súa xestión, por mor dun tal Mariano perde Alcaldía e bastón”.

Coa queima do meco e dun muíño da eólica de oito metros, a lucería e a verbena acabou o Antroido de Fene por este ano. Unha multitude de xente encheu a Praza e inmediacións da casa do concello. As inclemencias do tempo non impediron que as rúas de Fene se encheran de foleiros no Mércores de Cinza.

Deixou dito o entroido: “Que constrúan en Extano, cando remate este evento, por ser ano cervantino, moitos muíños de vento”

Participaron no Entroido fenés; Os Colludos, Troupele Troupele, Os Argalleiros, A Revolta, Os nenos de Lola, A Canteira, Os Juasapeiros, Tribu Fantasía de Paso a Paso, Xeriatros Ferrol, Narón e Laraxe, Os Pintores, A comparsa da Semente e Os Scrachados.
P { margin-bottom: 0.21cm; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); text-align: left; widows: 2; orphans: 2; }P.western { font-family: "Times New Roman",serif; font-size: 12pt; }P.cjk { font-family: "Times New Roman",serif; font-size: 12pt; }P.ctl { font-family: "Times New Roman",serif; font-size: 12pt; }A:link { color: rgb(0, 0, 255); }

Sociedade