A gracia no apodar

A gracia no apodar
28 de Febreiro, 2021 - 09:06 h. | Publicada por Radio Lugo

"Non hai ningunha literatura no mundo que amose un feixe de composicións poéticas na que o insulto, a befa, o escarnio, a ira, a gracia no apodar, chegasen tan alto e tan fondo". Álvaro Cunqueiro, gran erudito literario, referíase así ás cantigas de escarnho e mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. (Faro de Vigo, 28 de febreiro de 1965) 

Casa Museo de Álvaro Cunqueiro. Mondoñedo

O pesar inundou o mundo da cultura galega o último dia de febreiro de 1981 ao coñecerse a noticia da morte de Álvaro Cunqueiro. As reaccións foron de moito pesar.

"Cunqueiro é unha das grandes figuras da cultura galega de todos os tempos. El tivo o arte case máxico de unir a tradición oral popular co máis refinado da cultura universal, afirmou o dia da súa morte", o galeguista Ramón Piñeiro. 

"Era un fabulador no sentido óptimo da palabra" manifestou ese mesmo dia o escritor Anxel Fole. "Fixo con palabras unha casa para todos, a casa da lingua galega" apuntaba Carlos Casares. "Finou o grande amigo, quen tanto amou á súa terra, ás súas xentes e á súa lingua" confesaba Francisco Fernández del Riego.

Cando aconteceu a súa defunción, soubose que a Real Academia Galega tiña decidido iniciar os trámites para levar adiante a proposta da concesión a Álvaro Cunqueiro, do Premio Nóbel de Literatura. O escritor de Mondoñedo morreu sen coñecer esa intención.

Cultura

Publica o teu comentario agora